Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 13:51
A luguesa Olga Louzao releva a Beatriz Pino como coordinadora de Ciudadnos en Galicia, que reorganiza os seus principais cargos directivos a nivel autonómico.
Louzao, que exerceu de portavoz en Galicia ata 2019, substitúe á candidata á Presidencia da Xunta nas últimas eleccións autonómicas, nas que o partido laranxa non logrou representación.
Pino despídese xunto aos principais membros do seu equipo que a acompañaron desde o seu nomeamento como coordinadora de Cs en setembro de 2020, dous meses despois dos comicios galegos.
A actual portavoz municipal lucense toma as rendas da formación laranxa en pleno arranque de ciclo electoral. Louzao asegura que este novo camiño "non cambiará nada" para ela e promete seguir "tendo a Lugo como prioridade".
Cs Galicia di estar a traballar desde "xa" para as eleccións municipais do próximo mes de maio co obxectivo de "chegar á cita con candidatos, equipos e programas capaces de atender ao interese xeral dos galegos".
Louzao di ser consciente de que o partido, a nivel estatal, non goza de boa saúde e recoñece que se trata de "un momento moi difícil para Cs. Por iso, o seu obxectivo é "conformar unha lista de candidatos que atractiva, que seduza, á cidadanía".
Xunto ao de Louzao, a dirección de Cs acordou tamén os nomeamentos de Manuel Moinelo como Secretario Delegado de Acción Institucional; de Eva Endress como Secretaria Delegada de Organización; de Juan Vidal como Secretario Delegado de Comunicación, e de Juan Insua como Secretario do Comité.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.