Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2022 | Actualizada ás 19:38
A folga de tripulantes de cabina (TCP) de Ryanair, convocada polos sindicatos USO e Sitcpla ata o 7 de xaneiro de 2023, provocou cinco atrasos no aeroporto de Santiago de Compostela durante a xornada deste luns.
Segundo informaron os sindicatos, ata as 19,00 horas tres avións con chegada a Lavacolla e outros dous que partían do aeródromo compostelán foron atrasados a consecuencia da folga. Con todo, ningún voo con procedencia ou destino Galicia foi cancelado.
O sindicato USO informou de que este martes está prevista a celebración dunha reunión coa directora xeral de Traballo, Verónica Martínez, á que asistirán membros da sección sindical de USO en Ryanair e responsables de USO-Sector Aéreo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.