Cae a poboación activa na Coruña, sobre todo pola baixada de mulleres nesta situación

Son os resultados do Informe de Conxuntura Económica da provincia.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/10/2022 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O Informe de Conxuntura Económica da provincia, elaborado polo Club Financeiro de Santiago e impulsado pola Deputación da Coruña, constata unha diminución na poboación activa na provincia coruñesa pola existencia de menos mulleres nesta situación.

O estudo reflicte que en 2021 se confirman dúas tendencias: a diminución paulatina de poboación activa en Galicia e a concentración de dita poboación nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nel, apúntase tamén que a análise desagregada revela un comportamento diferencial da provincia coruñesa en comparación co resto de provincias galelgas.

"A poboación activa na Coruña diminúe, basicamente polo retroceso do número de mulleres en situación de actividade", indica o informe que fai unha radiografía da realidade económica da provincia coruñesa, tanto a nivel comarcal como municipal. Á súa presentación, na sede da institución provincial, asistiron o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo; o presidente da entidade, Roberto Pereira, e as economistas María Bastida, Maite Cancelo e Miguel Vázquez Taín.

Presentación dun informe económico relativo á provincia da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presentación dun informe económico relativo á provincia da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Para Nós só existe umha política económica ditada por Madrid: a Emigraçom. E ainda existe um sector da povoaçom galega que vota aos partidos madrilenhos: PP-PSOE. A pergunta é: Que passa nos miolos dos galeg@s para votem aos seus carrascos?