Convocada unha manifestación dos traballadores de Xeal este xoves en Santiago

O comité denuncia que a empresa "volve rexeitar a mediación solicitada pola representación social".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/10/2022 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O comité de Xeal convocou para este xoves unha manifestación en Santiago de Compostela. Será despois de que a empresa, denuncia, "volva rexeitar a mediación solicitada pola representación social co obxectivo de retomar a negociación dun convenio colectivo propio".

Manifestación dos traballadores de Xeal nas factorías de Cee-Dumbría ás portas da sede da Xunta, en Santiago.
Manifestación dos traballadores de Xeal nas factorías de Cee-Dumbría ás portas da sede da Xunta, en Santiago.

"Con esta decisión, a dirección evidencia unha vez máis a súa total falta de vontade de diálogo", argumenta nun comunicado no que lle reprocha buscar "recortar os dereitos que os traballadores e traballadoras e o persoal pasivo teñen recoñecidos desde hai décadas".ç

Por outra banda, denuncia a "pasividade" da Xunta "ante o reiterado incumprimento das cláusulas concesionais, consentindo e amparando o espolio dos nosos recursos para que capital estranxeiro obteña millonarios beneficios coa produción da electricidade".

En canto á manifestación, explica que será este xoves, día 13, ás 10,30 horas, desde o edificio administrativo de San Caetano ata as dependencias de Augas de Galicia.

Convócase co obxectivo de "esixir información clara e concreta sobre o estado dos expedientes dos proxectos presentados por Xeal para incrementar o aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Santa Uxía e para o proxecto de estación reversible de bombeo no monte da Ruña".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta