Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2022 | Actualizada ás 14:02
O Servizo de Gardacostas de Galicia requisou, ata xuño, máis de 12,628 aparellos de pesca de furtivos, un 35% máis que no mesmo período do ano anterior, e fíxose con máis de 11 toneladas de capturas ilegais, o que supón un 46% menos.
Así o explicou o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, que compareceu na Comisión de Pesca do Parlamento para analizar os datos deste servizo, en resposta a unha pregunta presentada pola deputada popular Begoña Freire.
Segundo os datos achegados por Sexto, no primeiros seis meses do ano realizáronse, así mesmo, algo máis de 5.500 inspeccións, un 2% máis que ata xuño do ano pasado, pero detectáronse un 14% menos de infraccións, 1.438.
Para o subdirector xeral, o lixeiro incremento das inspeccións realizadas e "que estas se materializaron en menos infraccións" demostra "que o sector está a realizar unha xestión responsable dos recursos". Así mesmo, destacou o feito de que aumenten as incautacións de aparellos e diminúan as de capturas, o que supón que existe unha boa actividade preventiva da pesca ilegal e para evitar a reincidencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.