Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 10:11
A Xunta de Galicia activou o Plan Especial de Risco por Inundación (Inungal) polo aumento do caudal dos ríos Lérez e Oitavén, que discorren pola provincia de Pontevedra.
Segundo informou o 112 a última hora deste mércores, a posibilidade de que se produzan crecidas e desbordamentos puntuais na contorna destes dous ríos levou á Administración autonómica a activar o plan. Ademais, procedeuse a informar a todos os organismos competentes, que tomarán as medidas preventivas necesarias nas zonas afectadas.
Lembran tamén a importancia de que a poboación aumente a precaución, sobre todo ao circular por vías ou pontes que se sitúan nas proximidades destes ríos, pois unha subida repentina podería dificultar a situación e pór en risco ás persoas implicadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.