Os rexistros civís exclusivos da Coruña e Vigo entrarán en funcionamento a principios de 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2022 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou este venres na reunión da conferencia sectorial entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Xustiza que tivo lugar en Pamplona. Na xornada, trataron distintos temas, como o novo modelo organizativo do Rexistro Civil, así como a dixitalización das salas de vistas ou o desenvolvemento procesal da lei concursal.

Desta maneira, os rexistros civís exclusivos da Coruña e Vigo entrarán en funcionamento a principios de 2023, seguidos dos de Santiago de Compostela, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Marín ao longo do próximo ano nun proceso que continuará, ata completarse, en 2025.

No que se refire ao novo modelo de oficinas xudiciais, Tronchoni lembrou a necesidade de abordar cos letrados da Administración de Xustiza e xefes funcionais este novo sistema, que suporá unha transformación dos órganos unipersonais por tribunais de instancia e tamén regula a transformación dos actuais xulgados de paz en oficinas de xustiza nos municipios.

Durante a reunión, trataron outros temas, como o equipamento tecnolóxico co que deben de contar as salas de vistas. Un aspecto que forma parte das prioridades do Goberno autonómico, que puxo en marcha nos últimos anos o Plan Senda I e II, no que inclúe a renovación do equipo e conta cun investimento total de 50 millóns de euros.

Reunión sectorial de xustiza
Reunión sectorial de xustiza | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta