Por E.P. | A CORUÑA | 30/11/2022 | Actualizada ás 14:42
A Radio Conta, iniciativa que une a oito radios públicas e privadas da Coruña, cumpre dez anos coa celebración dun programa solidario aberto ao público dedicado á Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco).
A gravación terá lugar o mércores día 14 de decembro no Teatro Rosalía da cidade herculina, de 17,00 a 20,00 horas, con entrada libre e sen necesidade de invitación. A emisión será o sábado 24 do mesmo mes ás 17,00 horas.
Segundo explicaron os organizadores, esta iniciativa ten como obxectivo "a solidariedade e a homenaxe á radio máis próxima". Moncho Viña será o encargado de conducir este espazo no que participan unha trintena de profesionais de Radio Galega, Radio Nacional de España, RadioVoz, Radio Intercoruña, Radio Coruña-Cadea Ser, Onda Cero, Radio Marca e COPE.
Esta décima edición contará cos cineastas Jorge e Pepe Coira xunto coa actriz Mabel Rivera; coas actuacións de Merchy Treviño, Ortiga e Sés, do barítono Borja Quiza e do multiinstrumentista Abraham Cupeiro, entre outros protagonistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.