Iván Puentes será candidato do PSOE en Pontevedra sen Primarias

Finalmente, o outro contendente, o edil Tino Fernández, retirouse do proceso.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

Iván Puentes será o candidato do PSdeG ao Concello de Pontevedra. Finalmente non haberá Primarias xa que un dos contendentes en liza, o actual portavoz do grupo Tino Fernández, presentou esta mañá un escrito anunciando a súa renuncia.

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes | Fonte: Pontevedra.gal

Esta renuncia evita o proceso de primarias co tamén edil Iván Puentes xa que era a única cidade galega na que se prevía que o candidato socialista ía ser elixido por esta vía. Eran un total de 400 os militantes que estaban chamados a votar este domingo neste proceso.

En declaracións a GC, Puentes destaca o paso dado por Tino Fernández e o seu traballo no concello nestes anos. "Agora imos traballar todos xuntos nas eleccións municipais", dixo ao tempo que deu por "rematadas as distintas sensibilidades" do PSdeG en Pontevedra. "Agora hai que traballar o mellor equipo e proposta e gañar a confianza maioritaria da cidadanía de Pontevedra para liderar o goberno municipal", engadiu.

"Hai vontade maioritaria da cidanía de Pontevedra por un cambio na cidade para darlle un novo impulso de modernidade a esta cidade para abordar retos futuros", salientou. Puentes será proclamado candidato pola Comisión de Garantías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Lores xa pode contar cun Primeiro Tenente Alcalde !