Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 12/12/2022 | Actualizada ás 20:14
Un home resultou ferido en Pazos de Borbén (Pontevedra) ao incendiarse o soto dunha vivenda. O único afectado, segundo explica o 112, viuse sorprendido cando explotou un bidón de aceite que estaba a manipular.
Como consecuencia, arderon diversos bens almacenados no soto. O home recibiu asistencia médica no lugar e logo foi a un centro hospitalario, polos seus propios medios.
O sinistro ocorreu poucos minutos antes das 16 horas, cando o 112 recibiu a chamada do implicado, quen indicou que estaba ferido e que o lume se orixinou no soto da vivenda. Subrió quemdaduras na cabeza e no costado, que nun principio non revestían gravidade.
O 112 Galicia solicitou a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo helicóptero con base en Santiago foi mobilizado, aínda que non chegou a tomar terra, dos Bombeiros do Porriño, do GES de Mos e dos axentes da Garda Civil.
Os servizos de extinción atallaron as chamas que ameazaban varias bombonas que se atopaban no interior. Quedaron apagadas ás 17,45 horas, segundo confirmaron os bombeiros de Mos, que tamén procederon a ventilar o soto, no que tamén había pezas de vehículos e leña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.