Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 13:08
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución para a concesión directa de axudas, de carácter extraordinario, destinadas a sufragar os gastos ocasionados pola adquisición de máscaras durante a pandemia da Covid-19.
Faino ao non ser posible entón prever o prezo que deberían satisfacer as empresas que manifestaron a súa adhesión ao sistema de compras organizado pola administración autonómica.
Agora, para "compensar o prexuízo económico derivado da evolución dos prezos medios de adquisición das máscaras ao longo da pandemia con relación ao facturado", comunica a concesión destas axudas extraordinarias para empresas, asociacións, federacións e clústeres adheridos ao citado sistema de compras.
A axuda non será compatible coa percepción doutras subvencións para este fin e serán entidades beneficiarias aquelas a as que, na data de aprobación desta resolución, conste que se lles entregaron as máscaras durante a pandemia, previa manifestación da súa adhesión ao citado sistema de compras centralizadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.