A avogada María Montalvo Freire, nova presidenta de Freire Hermanos

Substitúe no cargo o seu tío, José Enrique Freire Arteta, un dos máximos responsables do grupo Megasa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A avogada María Montalvo Freire converteuse na nova presidenta da sociedade Freire Hermanos S.A, empresa con catro centros de traballo -- A Coruña, Narón, Ourense e O Porriño-- fundada en 1933 e dedicada á comercialización, distribución e transformación de produtos siderúrxicos.

Freire Hermanos
Freire Hermanos | Fonte: Google Maps.

Así aparece recollido no Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) deste luns, 19 de decembro, no que se detalla que a letrada vén substituír no cargo ao seu tío, Enrique Freire Arteta, a día de hoxe un dos homes con máis peso no grupo Megasa, unha das referencias no sector metalúrxico de España e tamén en Portugal.

Ata a chegada a este novo cargo, Montalvo Freire pasou polo consello de administración de Bipadosa, onde están integradas tanto Metalúrgica Galaica como Megasa Siderúrgica.

Outras dúas netas do fundador, Lucia e Inés Freire, tamén ocupan postos de relevancia no grupo galego. A primeira é a presidenta de Metalúrgica Galaica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta