Máis de 700 menores atendidos en 2022 por problemas de saúde mental, e a alerta vai en aumento

A Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia destacou os problemas de conduta e, cada vez con máis peso, as autolesións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (Aesia), que atendeu o pasado ano un total de 753 persoas nos seus diferentes programas, destacou o incremento nas demandas por problemáticas de saúde emocional-mental de nenos e adolescentes.

Segundo trasladou Aesia nun comunicado, en total leváronse a cabo en 2022 un total de seis programas. O máis numeroso foi o de prevención de problemas de conduta, no que participaron 420 menores e levouse a cabo en 6 concellos.

Nesta liña, a asociación conta, entre outros, cun programa de educación sexual, con 45 adolescentes participantes, así como outro de apoio emocional con atención telefónica a adolescentes e as súas familias.

Ademais, máis de 300 profesionais de diferentes ámbitos como a psicoloxía, a psiquiatría ou a educación social participaron nas actividades formativas e xornadas organizadas pola asociación.

AUMENTAN OS PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL

Aesia resaltou o aumento dos problemas ligados ao comportamento, con predominancia de síntomas depresivos e dificultades no ámbito relacional. Así, subliñou a incidencia de adolescentes que presentan problemáticas de autolesións.

Nesta liña, destacaron o incremento de demandas de orientación por parte de familias, coidadores e profesionais especialmente, polo uso das tecnoloxías da información e redes sociais.

Así mesmo, Aesia sinalou que reforzará os proxectos de atención na infancia e adolescencia cos programas de prevención e promoción relacionados coa saúde emocional e mental. Por outra banda, continuarán os programas de atención a adolescentes en risco de exclusión social "cuxa demanda aumentou considerablemente neste último ano".

Neno nunha gardería pintando
Neno nunha gardería pintando | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta