Abanca recorrerá o imposto á banca que supón 50 millóns para a entidade

Juan Carlos Escotet di que é "anticonstitucional".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2023 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, avanzou que a entidade recorrerá, "no debido momento", o imposto á banca impulsado polo Goberno, xa que o considera "claramente inconstitucional".

A preguntas da prensa na presentación de resultados de Abanca de 2022, onde anunciou beneficios en 2022 de 217 millóns, Escotet detallou que este imposto supón unha "cifra relevante" de impacto para o banco, con "case 50 millóns de euros de efecto na conta de resultado".

"Claramente ponnos en desvantaxe", critica sobre esta medida que "non só ten efectos na aplicación de maior volume de crédito, que este ano será especialmente relevante", senón que se "afasta das mellores prácticas europeas" no sector.

"Ponnos en desvantaxe dentro do noso propio sector", queixouse. Na súa comparecencia no pasado mes de xullo para presentar resultados do primeiro semestre, xa denunciara que este imposto "é prexudicial para toda a economía".

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet | Fonte: ABANCA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta