As outras facetas literarias de Luz Pozo Garza

O estudo analiza a obra dispersa e non reunida de Pozo Garza en revistas culturais con ensaios e mesmo ilustracións

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 27/02/2023 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A investigadora da USC Cristina Negreira Barcia “exhuma, recompila e cataloga” a obra dispersa da artista ribadense Luz Pozo Garza na tese de doutoramento ‘Luz Pozo Garza: obra non reunida e dispersa nas revistas culturais. Exhumación, recompilación e catalogación’, unha investigación desenvolvida baixo a dirección dos profesores da USC Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.

Cristina Negreira, na presentación da súa tese sobre Luz Pozo Garza
Cristina Negreira, na presentación da súa tese sobre Luz Pozo Garza | Fonte: USC

A investigación presentada este luns por Negreira Barcia afonda no estudo da figura e sobre todo na creación cultural desenvolvida por Luz Pozo Garza, coñecida fundamentalmente polos seus textos poéticos, ao longo de sete décadas. Este estudo pon o foco na actividade pozogarciana estendida alén da publicada en libros, pero que acadou unha importante presenza en diferentes revistas culturais.

Daquela, Cristina Negreira Barcia analiza, estuda e cataloga ao longo de máis de 600 páxinas, a obra dispersa e non reunida de Pozo Garza en revistas culturais. Trátase dunha obra multidisciplinar que, segundo subliña a autora, irradia máis alá do xénero lírico, abranguendo ensaios, textos híbridos e mesmo ilustracións.

Ademais, este traballo non se limita ao labor creativo de Pozo Garza, senón que tamén abrangue a dimensión desta artista galega como directora das cabeceiras culturais ‘Nordés’ e ‘Clave Orión’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta