Desakato, Heredeiros da Crus, Ana Tijoux e Rodrigo Cuevas súmanse ao Revenidas

Únense tamén bandas "históricas" como Rebeliom do Inframundo, The Skarnivals ou Dakidarría

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía | 09/03/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán entre o xoves 7 e o domingo 10 de setembro, sumou ao seu cartel a Ana Tijoux, Desakato, Heredeiros da Crus, Rodrigo Cuevas, Los Chikos del Maíz e Lamatumbá.

Segundo explican nun comunicado, as novas incorporacións seguen a filosofía de "incluír destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestiones como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas".

Únense tamén outros artistas como Tropa do Carallo, o rapero K1ZA, O Rabelo ou Arrythmia e bandas "históricas" como Rebeliom do Inframundo, The Skarnivals ou Dakidarría.

Apuntan tamén que nalgúns serán "concertos moi especiais". No caso de Dakidarría, aproveitarán o festival de Vilaxoán para celebrar o seu 20 aniversario cun concerto especial con invitados. O de Lamatumbá suporá a volta aos escenarios da formación. E no caso de Heredeiros da Crus, será un dos primeiros concertos que realizarán tras o parón provocado pola enfermidade do seu vocalista Javi Maneiro.

Heredeiros da Crus volverá aos escenarios tras cancelar a súa xira do 30 aniversario
Heredeiros da Crus volverá aos escenarios tras cancelar a súa xira do 30 aniversario | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta