Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 21:15
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron este mércores na xornada 'O futuro da minaría, a enerxía e a construción sustentable a través da innovación', na que se deron a coñecer as liñas de apoio da Xunta ao I+D+i de interese para estes sectores.
Segundo explicou a Vicepresidencia Primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación, trátase dunha xornada que pecha o ciclo de 'networkings' organizados pola Xunta para dar a coñecer o mapa de apoios da Administración autonómica en materia de I+D+i.
Na inauguración do encontro celebrado este mércores, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, destacou que a innovación ten que axudar a dar resposta aos cambios que necesita o sector extractivo, no que a enerxía xoga un papel fundamental. Ademais, sinalou que a Axenda de impulso á minaría sustentable de Galicia contén 29 iniciativas agrupadas en nove ámbitos de actuación, e nos que prevalece o carácter innovador.
Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación informou na clausura que o obxectivo é que as pemes e micropymes incorporen a innovación ao seu día a día. "A innovación está ao alcance de todos", sexa cal for o tamaño da empresa, o sector ou a localización no territorio e que estas xornadas serven para coñecer de primeira man as necesidades dos distintos sectores.
Nesta charla explicáronse as axudas das distintas consellerías dirixidas ao sector mineiro, enerxético e da construción sustentable e expuxéronse casos de éxito a partir da experiencia de empresas como Prefhorvisa, Pasek Minerals e Zeltener, que interviñeron no foro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.