O noroeste do Estado contará cun eixo de mobilidade sustentable

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León alíanse para impulsar a construción dun corredor que garanta as comunicacións mediante combustibles alternativos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/03/2023 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Os Gobernos de Asturias, Castela e León, Cantabria e Galicia impulsarán a mobilidade con combustibles alternativos mediante a creación dun eixo de mobilidade e transporte sustentables no noroeste. As catro comunidades subscribirán un convenio de colaboración para garantir que os usuarios potenciais das estradas do noroeste do Estado dispoñan das infraestruturas necesarias para unha adecuada subministración enerxética.

Icono de mobilidade sustentable
Icono de mobilidade sustentable | Fonte: Europa Press

Os catro executivos autonómicos coinciden na necesidade de cooperar para despregar unha rede de infraestruturas de subministración enerxética, destinada tanto á propulsión eléctrica como ao hidróxeno e outros combustibles alternativos, nas súas principais vías de conexión. Estas infraestruturas estarán interconectadas e serán interoperables, co fin de que resulten útiles e cómodas para potenciais consumidores.

Está previsto o desenvolvemento dunha rede de recarga rápida e ultrarrápida para a mobilidade eléctrica que facilite o acceso e acurte tempos, ademais de garantir unha adecuada dispoñibilidade nas principais vías de comunicación. Tamén haberá unha rede de provedores de hidróxeno para os diferentes vehículos que se irá implantando a medida que avance este tipo de mobilidade. Está previsto que as primeiras actuacións comecen no segundo semestre deste ano.

PROCURA DE ALIANZAS

Paralelamente, avanzarase na procura de alianzas con outras administracións e axentes, así como na colaboración con centros de investigación e empresas tecnolóxicas para o impulso de proxectos de I+D+i. O obxectivo é promover o desenvolvemento empresarial asociado ao sector da mobilidade e o transporte, aproveitando o seu carácter transversal en áreas como o turismo e a produción agraria.

Desta forma, as medidas froito deste protocolo repercutirán nun aproveitamento do potencial renovable máis eficaz, nun mellor posicionamento e nunha maior competitividade das empresas e industrias das comunidades asinantes, ademais de en a creación de novas oportunidades e na mellora da calidade de vida da cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta