Os ex alcaldes "do cambio" volven facer campaña xuntos

Martiño Noriega e Jorge Suárez percorreron o barrio de Ferrol Vello con outros integrantes de Ferrol en Comú.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 03/05/2023 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

O que foi alcalde de Santiago entre os anos 2015 e 2019, Martiño Noriega (Compostela Aberta), desprazouse na tarde deste martes, 2 de maio, ata o barrio de Ferrol Vello, para mostrar o seu apoio á candidatura que encabeza Jorge Suárez á alcaldía de Ferrol.

"Martiño vén darnos o seu apoio para as eleccións municipais de 2023", detallou o candidato de Ferrol en Común, lembrando que "Anova forma parte de Ferrol en Común desde a súa creación, mantendo sempre unha actitude positiva e construtiva sendo unha parte fundamental para o noso equipo".

O que tamén foi rexedor de Ferrol entre 2015 e 2019 asegurou que as propostas da formación fronte á que está Noriega, Anova, "en materia social, municipal e de país, casan perfectamente coas que Ferrol en Común defende", ademais de detallar "a súa xenerosidade, integrando as outras formacións políticas en total harmonía como Esquerda Unida e de persoas sen adscrición política, que son unha boa mostra nas que antepoñen o cambio social a outro tipo de políticas".

Durante o seu paseo polo barrio de Ferrol Vello, Suárez detallou que escolleron este espazo "como unha mostra das potencialidades que ten a cidade e de que con traballo desde o municipal é posible transformar todo un barrio para mellorar a vida das persoas e crecer como cidade".

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta