Usando teléfonos móbiles para alumear o lugar da votación nun colexio de Santiago

A treboada deixa ás escuras un colexio electoral en Santiago e incidencias de inundacións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2023 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A treboada deixou ás escuras durante máis dunha hora a un colexio electoral en Santiago de Compostela, onde os electores do centro Lamas de Abade tiveron exercer o seu dereito a voto practicamente ás escuras.

O apagamento produciuse pasadas as 17,00 horas no compostelán barrio do Castiñeiriño, aínda que segundo as fontes consultadas por Europa Press, as fortes choivas tamén provocaron outro tipo de incidencias relacionadas con pequenas inundacións, pero sen maiores consecuencias.

Así, os membros das mesas electorais acenderon as lanternas dos teléfonos móbiles para poder efectuar as votacións de última hora da tarde. Tamén varios interventores nas portas do pavillón recomendaron aos cidadáns facer uso dos seus teléfonos para poder guiarse na votación.

Colexio electoral de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, cos votantes ás escuras
Colexio electoral de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, cos votantes ás escuras | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta