O PSdeG mantería catro alcaldías, o PPdeG dúas e o BNG unha, segundo La Voz

As grandes incógnitas da noite é saber se PPdeG e PSdeG manteñen o pacto para que goberne a lista máis votada en Ourense e se Elena Candia consegue maioría absoluta en Lugo. Ciudadanos desaparecería pero manteñense as mareas en Vigo, A Coruña e Santiago.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 28/05/2023 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O PSdeG mantería a maior parte do seu poder municipal e só perdería a alcaldía de Ferrol, mentres que o PP gobernaría en dúas e o BNG mantería a de Pontevedra. Así o apunta a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia. 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, na carreira da 12ª edición da Papanoelada Moteira de Vigo, a 17 de decembro de 2022
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, na carreira da 12ª edición da Papanoelada Moteira de Vigo, a 17 de decembro de 2022 | Fonte: Gustavo da Paz

Esta enquisa diaria mantén as tendencias observadas até a semana pasada. Os resultados  -cuxas últimas preguntas foron do sábado- deixan no aire a gobernabilidade en varias cidades, onde serán necesarios pactos para que os actuais rexedores mantéñanse no cargo. 

En Vigo, Caballero gañaría con contundencia, pero sen alcanzar o seu obxectivo de 21 e quedaría con 19. A candidatura de Marta Fernández Tapias fariase así con cinco concelleiros, mentres que o BNG non experimentaría o crecemento desexado e quedaría en dous, un máis que no 2019. Marea de Vigo pecha o pleno cun representante, fronte aos dous logrados fai catro anos.

Na Coruña a socialista Inés Rey poderá reter a alcaldía. O PSdeG tería dez actas, igual que o PPdeG. O BNG consegue duplicar a súa representación e pasaría a contar con catro membros no pleno. A escisión de Marea Atlántica, Por Coruña, entraría no pleno cun concelleiro, mentres a candidatura da Marea, que encabeza Xan Xove, perde catro concelleiros e quedaría con só dous.

En Ourense,  se os candidatos de PP e PSOE manteñen o seu pacto non escrito de apoiar a lista máis votada e apear a Jácome do cargo, o popular Manuel Cabezas sería o alcalde ao gañar con nove concelleiros, un máis que o socialista Paco Rodríguez. Democracia Ourensá perdía un edil, quedando con seis, mentres o BNG duplicaría de dous a catro concelleiros.

En Santiago o PPdeG scaría entre 8 e 10 concelleiros, mentres que Xosé Sánchez Bugallo, sufriría a perda de tres edís, pero podería conservar o cargo co apoio do BNG, que pasaría de dous a cinco con Goretti Sanmartín e de Compostela Aberta, que cedería dous e quedaría con tres.

En Lugo, Elena Candia quería ás portas da maioría absoluta. A alcaldesa Lara Méndez perde un edil, que suma o BNG, pero a socialista conta cun concelleiro máis. O PP pasa de dez a doce, absorbendo os dous que tiña Cs, que desaparece do pleno.

Pouco cambia en Pontevedra. O PP sobe a dez e o BNG de Miguel Anxo Fernández Lores deixaríase un edil (tería 10), e volvería necesitar o apoio do PSOE para continuar no cargo. O socialista Iván Puentes, que se estrea, repetiría a renda lograda no 2019.

Finalmente, en Ferrol, o popular José Manuel Rey Varela volvería ser alcalde doce anos despois de ser elixido por maioría absoluta. O actual alcalde, Ángel Mato, non lograría así reter o cargo tras perder un edil, pasando de oito a sete. O Bloque mantense en dous, mesma renda do ex rexedor Jorge Suárez, de Ferrol en Común.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta