Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 16:30
O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Lugo desestimou, por segunda vez, a suspensión cautelar de derrube do edificio do Garañón que solicitou o Banco Santander, principal acredor da propiedade, por mor da inadmisión das medidas cautelarísimas que anteriormente reclamou a mesma entidade.
A demolición do inmoble comezou este mes de xullo despois de máis dunha década paralizado. Nese tempo, deu orixe a unha polémica xudicial e política que levou a dimitir ao que foi alcalde da localidade, José López Orozco, e ao secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016, José Ramón Gómez Besteiro, tras ser imputados pola xuíza Pilar de Lara por suposta prevaricación relacionada coa licenza deste edificio.
En 2021, a Audiencia Provincial de Lugo arquivou este caso e exonerou de responsabilidade a ambos os dirixentes socialistas nun auto no que se indicaba que "non existían indicios da comisión de delitos".
"NON COMPRENDE A ESTRATEXIA"
Desta forma, segundo indicou o consistorio, o maxistrado sinalou no pronunciamento que "non se comprende a estratexia nin a táctica do recorrente no seu empeño en suspender o derrube da estrutura". Nesta liña, puntualizou que "non queda máis que manter o mesmo criterio", sen que o inicio de demolición do inmoble "sexa causa suficiente para cambialo".
Ante isto, recolleu que na compensación do interese xeral urbanística fronte ao interese económico do banco, "prevalece o primeiro e máximo cando a eventual estimación do recurso pode traducirse nunha compensación económica".
Con todo, cando se iniciaron as obras, este mes de xuño, a alcaldesa de Lugo, Lara Médez, mostrouse contenta e satisfeita por ver "o fin desas torres onde había unha demanda social".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.