Ditadas cinco reducións de condena polo TSXG en aplicación da lei do 'só si é si'

As reducións supoñen o 31,4% dos casos revisados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou cinco reducións de condena pola lei de garantía integral da liberdade sexual, coñecida como 'lei do só si é si'. O número total de revisións foi de oito, e non se rexistraron excarceracións.

Estes son algúns dos datos que inclúe a última actualización publicada este mércores polo Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), onde eleva a 1.155 as reducións de pena e a 117 as excarceracións en aplicación da norma que entrou en vigor o pasado 7 de outubro. As reducións supoñen o 31,4% dos casos revisados.

Nunha nota de prensa, recollida por Europa Press, o órgano de goberno dos xuíces sinala que son datos a 1 de xullo solicitados do Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional, os tribunais superiores de xustiza (TSJ) e as audiencias provinciais. Esta última actualización aumenta levemente o número de rebaixas e excarceracións, que o pasado 1 de xuño situábase en 1.127 reducións e 115 excarceracións.

Respecto das Audiencias Provinciais galegas, a da Coruña revisou 53 casos e decretado a redución de condena 17 veces. No caso da de Lugo, foron nove as revisións; seis, as reducións de condena; e cunha excarceración.

A Audiencia Provincial de Ourense notificou 13 revisións, con nove reducións de pena e dúas excarceracións; mentres que a de Pontevedra rexistrou 32 revisións de casos, 19 reducións e outras dúas excarceracións.

Sede do TSXG / Xunta.  / Europa Press
Sede do TSXG / Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta