Rueda reafirma que o 25 manterá a "axenda de sempre" e non acudirá á Alba de Gloria

"Irei aos actos relixiosos e logo á recpeción civilno concello que non sei se este ano se fará", recalcou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2023 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen xa avanzara que non acudiría á 'Alba de Compostela', a celebración municipal que o goberno local de Santiago organizou para o 25 de xullo, reafirmou que a súa intención é acudir á Ofrenda ao Apóstolo, na que ademais será por primeira vez delegado rexio.

"A miña intención é manter a axenda que se mantivo todos os anos", proclamou, tras ser preguntado acerca de se prevé acudir ao acto organizado polo goberno encabezado por Goretti Sanmartín (BNG), que, en principio, sería compatible por horario co evento eclesiástico da Ofrenda.

Á marxe de "horarios", esgrimiu que el ten "claro" que os actos "que houbo sempre" o 25 de xullo son "a Ofrenda e unha recepción posterior no Pazo de Raxoi". "A miña intención é manter a axenda que se mantivo todos os anos, ir aos actos relixiosos e logo á recepción civil no concello que non sei se este ano se fará", recalcou.

Así mesmo, afirmou que está "de acordo" coas "críticas" á 'Alba de Compostela' que lanzou non só o PP de Santiago senón tamén "o partido que apoiou á alcaldesa con menos escanos da historia municipal de Santiago", en alusión ao PSOE. En canto á ofrenda, destacou que por primeira vez el exercerá de delegado rexio, papel que tentará desenvolver "o mellor posible".

Rueda comparece tras a reunión semanal do seu Goberno.. DAVID CABEZON @ XUNTA
Rueda comparece tras a reunión semanal do seu Goberno.. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta