Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2023 | Actualizada ás 16:48
O servizo de socorrismo de Ferrol detectou este martes a presenza de medusas veleiro nos areais de Doniños, San Xurxo, Mermadeiro, Ponzos e Sartaña.
Segundo explicou o Concello de Ferrol, a medusa veleiro é unha das poucas especies que viven sobre a superficie do mar, a diferenza do resto que habitan en profundidades maiores.
Así, detallou que, segundo os expertos, a súa morfoloxía "ten un parecido" coa carabela portuguesa, aínda que é de "menor tamaño" e o seu veleno "é inofensivo para os humanos".
Ante isto, Protección Civil recomendou non tocar estas medusas se están de cor azul, que indica que está vivas, e o contacto coa pel podería provocar unha reacción alérxica.
Desta forma, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) aconsellou a retirada destas medusas dos areais, uns traballos que xa está a acometer Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.