Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/08/2023 | Actualizada ás 18:18
A Garda Civil detectou en Ourense a dous camións circulando con "importantes excesos de peso", segundo informa o balance durante a inspección de vehículos deste tipo.
O primeiro, localizado entre as localidades de Entrimo e Lobios, e cargado con madeira de piñeiro, circulaba cun peso de 53.600 quilos cando a súa masa máxima estaba fixada nas 40 toneladas.
O segundo, detectado na N-120 ao seu paso por Larouco, e cargado con material de construción, circulaba cun peso de 5.880 quilogramos cando o seu máximo estaba establecido en 3.500.
Os titulares dos devanditos vehículos deberanse enfrontar a sancións que van desde os 2.001 euros ata os 4.000 euros, en función da masa máxima de cada vehículo, así como a inmobilización dos mesmos ata a descarga do exceso detectado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.