Cortes na estrada AC-552 por obras en sendas no Concello de Coristanco a partir do luns

A Xunta habilitará un desvío pola autovía da Costa da Morte, que estará debidamente sinalizado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2023 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

As obras das sendas de Montecelo e Bormoio que se desarollan no municipio coruñés de Coristanco provocarán desde este luns cortes de tráfico na estrada AC-552.

Segundo informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade este xoves, o peche prolongarase ata o 10 de novembro para ampliar a estrutura desta vía autonómica sobre o río Calvar.

Alí habilitarase un paso peonil que forma parte da construción de máis de 1,3 quilómetros de senllas na AC-552, que conta cun investimento de 777.000 euros.

Para minimizar a afección ao tráfico, a Xunta habilitará un desvío pola autovía da Costa da Morte, que estará debidamente sinalizado.

Obras nunha estrada. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Obras nunha estrada. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta