Abanca lánzase ao mundo da sanidade privada cun novo seguro sanitario

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/10/2023 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Abanca lanzou ao mercado o seu primeiro seguro propio de saúde a través da súa filial de seguros, o que supón a súa entrada neste ramo asegurador, segundo informou a través dun comunicado.

O seguro que ofrece Abanca Seguros Xerais (ASG) dá acceso a un cadro médico de ao redor de 40.000 especialistas e 15.000 centros asistenciais en toda España. Ademais, ofrece servizos de videoconsulta, chat médico as 24 horas do día, segunda opinión médica e unha liña de atención psicoemocional, así como un complemento bucodental con preto de 20 servizos gratuítos e tarifas especiais no resto.

O asegurado pode elixir entre tres modalidades de seguro: 'Saúde-Esencial', que inclúe consultas con especialistas, probas diagnósticas e tratamentos sinxelos que non precisan atención hospitalaria; 'Saúde- Completo', con asistencia integral dentro do cadro médico; e 'Saúde- Reembolso', que permite, ademais do acceso ao cadro médico incluído na póliza, a libre elección doutros especialistas e centros, con reembolso de ata un 80% dos gastos.

O produto ofrece tamén, por asegurado e ano, un 50% de reembolso de ata 100 euros en gastos de farmacia (incluíndo vacinas infantís) e doutros 100 euros en gastos de óptica, excepto na modalidade 'Saúde-Esencial'.

Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta