Allariz comprométese en mellorar a calidade de vida a doentes de Crohn e Colite Ulcerosa

O concello vén de adherirse ao "Proxecto Acceso á Crohn e Colite Ulcerosa" en colaboración con ACCU Ourense. A implantación deste proxecto é unha resposta á alta incidencia das enfermidades de Crohn e colite ulcerosa na comunidade, así como á necesidade de abordar os síntomas que afectan a moitas persoas.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 16/10/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Concello de Allariz puxo un marcha unha nova acción que vai mellorar a calidade de vida de veciños e veciñas pero tamén de visitantes, demostrando o seu compromiso coa inclusión e as necesidades específicas de colectivos vulnerables.

Tania Álvarez acompañada de membros de ACCU Ourense. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Tania Álvarez acompañada de membros de ACCU Ourense. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Neste caso, o colectivo que se pode beneficiar son os doentes de enfermidades de Crohn e de Colite ulcerosa. Unha das principais preocupacións é a sintomatoloxía destas enfermidades, que con frecuencia resulta en episodios inesperados e urxentes de necesidade de usar baños. Estas circunstancias poden afectar á vida persoal, social e profesional das persoas afectadas, causando ansiedade, estrés e inseguridade, especialmente cando non teñen acceso a baños.

'PROXECTO ACCESO ACCU' E COMPROMISO DO CONCELLO DE ALLARIZ

Por este motivo, ACCU Ourense está a realizar o Proxecto Acceso ACCU, que ten como obxectivo garantir o acceso inmediato, gratuíto e accesible a baños en lugares públicos, establecementos comerciais, asociacións, entidades, escolas e institucións públicas e privadas que se adhiran ao proxecto. Esta iniciativa é un paso importante para facer máis doada a vida das persoas afectadas por estas afeccións.

Tania Álvarez Ayán, a concelleira de Benestar Social do concello, e representantes de ACCU Ourense, formalizaron a adhesión do Concello de Allariz a este proxecto mediante un convenio. Ademais, a instalación de sinalizacións nas entradas das instalacións municipais axudará a identificar os espazos de acceso libre para persoas con Crohn e colite ulcerosa, facendo que as súas vidas sexan máis accesibles e menos desafiantes no noso concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta