O "desliz" do Fiscal Superior de Galicia sobre os asasinatos machistas en Galicia

Felicitase porque en Galicia non haxa mortes por violencia machista, mentres que o Ministerio de Igualdade asegura que das 22 rexistradas no Estado, dúas son en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2023 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes,quixo referirse a un ámbito que supón "unha prioridade" para a Fiscalía galega, como é a loita contra a violencia de xénero. E, neste sentido, convidou a "felicitarse" porque este ano non se produciu en Galicia ningunha morte por violencia machista.

No entanto, engadiu, este tipo de violencia "segue crecendo", un 12% na cifra de procedementos que se iniciaron e un 4% nas sentenzas. "Segue, como digo, constituíndo unha prioridade para a Fiscalía a loita contra esta secuela social", destacou Fernando Suanzes.

O Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, entrega a Memoria 2022 ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
O Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, entrega a Memoria 2022 ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices. | Fonte: Europa Press

Con todo, estes datos contrastan cos facilitados polo Ministerio de Igualdade que apuntan que ao longo do 2023, dos 22 asasinatos machistas cometidos no cunxunto do Estado, dous deles foron cometidos en Galicia.Fontes da Fiscalía Superior consultadas por GC destacan que foi un "desliz" e que Suances non quería "felicitarse" por este feito senón que tentaba sinalar a importancia que supón a loita contra esta lacra social.

INFORMÁTICA

Por outra banda, os delitos a través de Internet continúan a súa alza en Galicia, especialmente as estafas informáticas, que aumentaron un 36% en Galicia o ano pasado, segundo avanzou este martes o Fiscal Superior de Galicia, que entregou ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a memoria da Fiscalía correspondente a 2022.

Suanzes lembrou, en declaracións aos medios, que a actividade do Ministerio Fiscal en Galicia está radicada en 149 fiscais, que compareceron en pasado ano en 16.000 xuízos e realizaron preto de 15.000 escritos fiscais e máis de 500 escritos de alegacións en materia de menores.

En canto ao contido da Memoria 2022, avanzou que os delitos máis significativos foron os de lesións e, en segundo lugar, contra o patrimonio e a orde socio-económico, especialmente furtos, roubos e estafas. No ámbito das estafas, o Fiscal Superior destacou as estafas informáticas, que "crecen cada ano", un 36% no caso do pasado exercicio.

"GUÍA PRÁCTICA"

Noutra orde de cousas, o Fiscal Superior destacou que 2022 foi para este sector "moi importante", dado que a Fiscalía Xeral do Estado publicou a circular referida a "actividades extraprocesales do Ministerio Fiscal na investigación penal", que supón "unha guía práctica" de "como se debe realizar toda a investigación penal cando a afronte o Ministerio Fiscal". "A carreira fiscal constitúese, con este instrumento, nun referente para a instrución", engadiu.

Tras a entrega da memoria ao presidente da Cámara galega, o documento explicarase "máis en detalle" durante unha sesión da Comisión de Xustiza do Parlamento "aínda por determinar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta