Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/11/2023 | Actualizada ás 17:44
O PortAmérica (festival galego que reúne música, gastronomía e comunidade) celebrarase na Azucreira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo. Os artistas e chefs internacionais que participarán no festival aínda están por confirmar. Na súa pasada edición, o festival bateu a súa marca e reuniu a máis de 40.000 persoas, quenes ocuparon ao completo os hoteis de Caldas de Reis e dos arredores.
SUSTENTABILIDADE
O equipo do festival desenvolverá, para este xoves 16, unha recollida de residuos no Encoro do Río Umia impulsada por Coca Cola. As persoas interesadas en ser partícipes desta actividade poderán inscribirse esta próxima semana. A última edición do PortAmérica tivo entre os seus obxectivos conseguir unha economía circular e conservar o medio natural próximo, motivos polos que se lle concedeu recentemente o Premio Fest 2023 na iniciativa de Sustentabilidade Social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.