Os Reis traerán "sorpresas doces e musicais" na cabalgata polas rúas de Santiago

Será unha cabalgata "vistosa, moi musical e moi festiva" na que repartirán 400 quilos de caramelos sen glute e sen lactosa.

Por E.P. | Compostela | 28/12/2023 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Os Reis percorrerán o próximo día 5 de xaneiro as rúas de Santiago nunha cabalgata na que haberá "sorpresas doces e musicais" e, como novidade, estarán guiados pola estrela de Compostela, xa que este ano a lema do Nadal da capital galega é 'Compostela a estrela do Nadal'.

"Especialmente felices", así están As súas Maxestades de Oriente, segundo informou este xoves en rolda de prensa a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, á que lle comunicaron que chegarán á praza da Mercé de Conxo sobre as 16,30 horas acompañados por unha comitiva dos bombeiros.

De aí sairán ás 17,00 horas e desfilarán polas rúas compostelás, seguindo o seu percorrido habitual, ata chegar ao Obradoiro, sobre as 18,30 horas. Alí serán recibidos pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a corporación municipal.

En Nadal as tradicións mantéñense e é por iso que As súas Maxestades recibirán aos máis pequenos no Pazo de Raxoi. Será unha cabalgata "vistosa, moi musical e moi festiva" na que repartirán 400 quilos de caramelos sen glute e sen lactosa.

Unha nena entrega a súa carta aos  reis nunha cabalgata estática no parque de Bonaval
Unha nena entrega a súa carta aos reis nunha cabalgata estática no parque de Bonaval | Fonte: César Argina - Europa Pres

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta