Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/01/2024 | Actualizada ás 17:12
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés atendeu este martes, dous de xaneiro, os primeiros nacementos do novo ano: o das xemelgas Ane e Lúa, en Pontevedra, e o de Noa, no Salnés. En concreto, Lúa e Ane naceron no Hospital Provincial de Pontevedra ás 8,28 e ás 9,11 horas deste día 2, respectivamente.
No relativo ao distrito sanitario do Salnés, a primeira foi Noa, que chegou ao mundo ás 1,20 horas da madrugada no Hospital do Salnés. Con iso, todas as áreas sanitarias galegas rexistraron xa o primeiro nacemento de 2014, empezando por Kylian, primeiro bebé de Galicia e de España, que chegou coas badaladas.
Ás 00,10 horas do día 1 nacía no Hospital Teresa Herrera da Coruña, Paula e ás 1,53 horas a primeira compostelá, Gabriela. Case ás 7,00 horas nacía no Hula a primeira lucense, Karla, mentres que no caso da área de Ourense, o primeiro bebé, Tiago, nacía no CHUO ás 9,06 horas do día 1. Ás 14,30 horas do primeiro de xaneiro tamén nacía o primeiro bebé da área de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.