Por Europa Press / Redacción | Compostela | 29/01/2024 | Actualizada ás 12:39
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, deu a entender este luns que o presidente da Xunta e candidato popular á reelección, Alfonso Rueda, participará nun único debate electoral, o convocado pola TVG para o 5 de febreiro, no que tamén participarán os aspirantes de BNG (Ana Pontón), PSdeG (José Ramón Gómez Besteiro), Sumar (Marta Lois) e Podemos (Isabel Faraldo).
Así o trasladou a preguntas dos medios sobre a participación nos debates e, en concreto, sobre o convocado pola Cadena SER xusto para o arranque da campaña --fontes da emisora ratificaron a Europa Press que os populares confirmaron que acudirá o portavoz parlamentario, Alberto Pazos Couñago--.
Prado defendeu que Rueda "non se esconde e vai onde onde o convidan", antes de xustificar que, en todo caso, só houbo "acordo unánime" entre as distintas forzas con representación na Cámara galega ou con carácter significativo, en relación ao debate a cinco organizado pola televisión pública galega.
"Nós ofrecemos facer un segundo debate cara a cara de Rueda co candidato ou candidata que elixisen as forzas do multipartito e estamos a esperar", esgrimiu, antes de engadir que, do mesmo xeito que a Cadena SER, hai outras radios, medios de todo tipo, asociacións e universidades que expuxeron a posibilidade de acoller debates electorais previos ao 18F.
VOX
O presidente da Xunta de Galicia e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, mostrouse "convencido" de que Vox non obterá representación nas eleccións do próximo 18 de febreiro, polo que apelou a concentrar o voto na súa candidatura: "Os votos que vaian a Vox serán moi celebrados pola esquerda en Galicia".
Así o dixo Roda durante a súa intervención nun almorzo informativo de La Razón, onde recalcou o seu convencemento de que Vox non obterá escano en Galicia, alegando as sensacións que ten e as sondaxes que manexan.
"Vox non vai ter representación e por tanto se hai que facer unha chamada ao voto útil creo que isto é o exemplo perfecto de que os votos de Vox serán moi celebrados, os que teña, serán moi celebrados pola esquerda en Galicia", defendeu Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.