Trasladada unha muller por intoxicación de monóxido tras facer unha grellada na súa casa en Parada de Sil

Foi ao fío das 21,00 horas do sábado cando un particular solicitou unha ambulancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2024 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Dúas persoas afectadas, unha delas tivo que se trasladada, por unha intoxicación de monóxido tras fai unha grellada na súa vivenda en Parada de Sil. Segundo informou o 112, un home e unha muller sentiron indispostos pero, tras a valoración dos profesionais sanitarios, tan só trasladaron á muller.

Foi ao fío das 21,00 horas do sábado cando un particular solicitou unha ambulancia por unha intoxicación de monóxido de carbono tras facer unha grellada na vivenda e para manter a calor meteron o brasero nunha habitación.

Ata o lugar acudiu o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Maceda, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Os membros do GES procederon a facer as correspondentes medicións na vivenda, que, finalmente, confirmaron que foron negativas, os niveis eran correctos.

Incendio 112 Galicia. 112
Incendio 112 Galicia. 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta