Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 15:05
As 175 escolas infantís de 0 a 3 anos da rede pública da Xunta abrirán este luns, 16 de marzo, o seu prazo de matrícula. Este ano haberá unha novidade: aumenta a preferencia para os nenos de familias nas que os dous pais estean a traballar.
Así o avanzou este xoves o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, na súa comparecencia posterior á reunión semanal do seu goberno.
O prazo de matrícula abrirase ata o 5 de abril para acceder a unha das 10.500 prazas nas 175 escolas infantís públicas. Rueda lembrou que estes centros --tamén os de titularidade privada-- volverán ser, por terceiro curso consecutivo, "totalmente gratuítos". Rueda lembrou que estas gardarías --tamén as de titularidade privada-- volverán ser, por terceiro curso consecutivo, "totalmente gratuítos", unha medida á que se destinan 60 millóns de euros anuais das arcas autonómicas.
Ademais, o presidente anunciou que os nenos cuxos dous pais estean a traballar aumentarán "aínda máis" a súa preferencia para acceder a unha praza. Así, cada proxenitor que traballa pasa de 7 a 8 puntos, polo que se ambos están ocupados a familia obterá 16 puntos en lugar dos 14 que tiñan cos baremos anteriores.
En todo caso, o resto de circunstancias a ter en conta para a puntuación manterase, é dicir, seguirase dando máis prioridade a familias con máis membros, ás monoparentais e a aquelas que estean en risco de exclusión social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.