Por Europa Press / Redacción | | 02/04/2024 | Actualizada ás 20:34
A ministra de Defensa, Margarita Robles, asegurou que o novo buque de aprovisionamento en combate (BAC) para a Armada Española "estará en marcha" antes de fin de ano, cando comezará a súa construción nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol.
Este martes, durante a súa intervención na presentación do proxecto 'Abrir Ferrol ao mar', a responsable de Defensa indicou que este buque parte dunha "necesidade pedida pola Armda" para substituír ao BAC Patiño, que ten xa "máis de 30 anos". Así, Robles incidiu en que existe unha partida orzamentaria para a construción deste buque, que estará en marcha "antes de que termine o ano estará en marcha".
"É unha necesidade, ten a súa partida orzamentaria e antes de que termine o ano estará", aseverou na liña do prometido a finais do mes de xaneiro polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nunha visita a Ferrol. "A aposta do Ministerio de Defensa por Ferrol é obvia, é clara, aí está porque nós entendemos que todo o que sexa bo para a Armada é bo para Ferrol e é bo para España e nesa liña imos seguir traballando", aseverou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.