Morre un home de 70 anos ao caerlle unha árbore enriba mentres realizaba traballos nunha leira de Muros

O suceso tivo lugar minutos antes das 16,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Un home de 70 anos faleceu na tarde deste luns tras caerlle enriba unha árbore mentres realizaba traballos forestais nunha leira particular do municipio coruñés de Muros.

O suceso tivo lugar minutos antes das 16,00 horas nun terreo da parroquia de Serres, segundo trasladaron fontes dos servizos de emerxencia.

Tras recibir o aviso, Urxencias Sanitarias 061 mobilizou o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago, que se desprazou ata a localidade muradá, pero non puido tomar terra polas características da zona. Con todo, a persoa, veciña da zona, atopábase xa falecida como consecuencia do impacto recibido ao caerlle encima un eucalipto.

Ademais dos efectivos sanitarios, tamén se desprazaron ao lugar os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Muros, Policía Local e Garda Civil.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta