A estratexia de seguridade viaria galega sitúase como referente en todo o territorio nacional

A folla de ruta que se marca a Xunta en seguridade viaria sitúa a Galicia como referente no ámbito nacional

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/06/2024 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Un recoñecemento  realizado polo propio director do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria, que puxo ao ambicioso plan do Plan de Seguridade Viaria 2022-2025 da Xunta como modelo de actuación, e que traballa na redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nos 5.500 quilómetros de vías autonómicas, que se aproxime a un obxectivo final de cero vítimas no ano horizonte 2050, o que se chama “Visión Cero”.

Imaxe do mal estado dunha estrada con fochancas. Arquivo
Imaxe do mal estado dunha estrada con fochancas. Arquivo

A seguridade viaria é materia prioritaria para a Xunta, sendo un obxectivo especialmente complexo se temos en conta a orografía e a dispersión do territorio e o feito de que só en estradas de titularidade autonómica acadan os máis de 5.500 quilómetros de vías.

O plan de seguridade viaria abarca así todos os aspectos que afectan á seguridade viaria implicando a diferentes departamentos da Xunta, ademais de contar coa colaboración de axentes sociais e forzas e corpos de seguridade.

A través deste plan despregárase unha importante estratexia para minimizar a lesividade das estradas de titularidade da Xunta. Así realízanse de xeito cíclico campañas de concienciación e sensibilización orientadas tanto á poboación en xeral como a colectivos especialmente sensibles como a poboación escolar, os ciclistas, motoristas ou peóns para as que se implica á Garda Civil, DXT, e que a Xunta complementa con campañas educativas entre os máis novos.

Tamén disponse dun plan de mobilidade ciclista co obxectivo de activar e fomentar o uso da bicicleta como un modo de transporte de uso cotiá e saudable á par que se facilitarán infraestruturas axeitadas para o uso da bicicleta.

A estas actuación súmanse as actuación de mellora da seguridade e da accesibilidade dun milleiro de paradas de autobús en estradas da Xunta, así como ás accións levadas a cabo para de seguridade viaria nos Camiños de Santiago

Plan de sendas

Ademais, son especialmente satisfactorios os resultados do Plan de Sendas de Galicia cos que a Xunta está a facer itinerarios peonís e ciclistas, seguros, sostibles e integrados na paisaxe, para protexer e incrementar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas e coas que se puxeron a disposición da veciñanza máis de 300 km de sendas peonís. Unha iniciativa  que nesta lexislatura terá continuidade coa  construción de, alo menos, outros 150km de sendas peonís e ciclistas nas contornas rurais das estradas autonómicas, pero tamén nas zonas urbanas e  metropolitanas, co fin de contribuír á descarbonización é á vida saudable.

23,5 MILLÓNS PARA REFORZAR A SEGURIDADE VIARIA EN 130 TRAMOS

A Xunta tamén investirá 23,5 millóns de euros para reforzar a seguridade viaria en 130 tramos ao longo de máis de 500 quilómetros de estradas autonómicas, no marco da Estratexia de actuación en tramos de concentración de accidentes e tramos de alto potencial de mellora en vías autonómicas para o período 2024-2027. Unhas intervencións que serán cofinanciadas nun 60% con Fondos Feder, para o que xa se dispón dunha destas liñas de financiamento asignado.

ELIMINACIÓN DE TRAMOS DE CONCENTRACIÓN DE ACCIDENTES

No marco desta estratexia, a Xunta prevé tamén destinar un investimento de preto de 6,5 millóns a actuacións de mellora da seguridade en 21 tramos de concentración de accidentes, que se estenden ao longo de 33,7 quilómetros de estradas. Estas intervencións daranlle continuidade ás executadas na primeira estratexia, que entre os anos 2016 e 2020 permitiu reducir a sinistralidade nun 60% nos treitos en que se actuou.

ESTRADAS CON MARXE DE ERRO PARA O CONDUCTOR

Para o período 2024-2027 tamén se programan obras en 109 tramos de alto potencial de mellora que se desenvolven ao longo de 480,41 quilómetros de vías autonómicas, para o que se dirixirá un orzamento de máis de 17,2 millóns.

Trátase da eliminación de obstáculos nas vías autonómicas co fin de conseguir 'estradas que perdoen' os erros que poidan cometer os condutores e dar unha segunda oportunidade de volver á calzada.

As obras previstas para conseguir este obxectivo, segundo indicou o presidente, engloban "melloras do firme", optimización da sinalización e o balizamento, "mellora dos sistemas de contención, reforzo da iluminación en pasos de peóns", mellora do trazado e interseccións ou acondicionamento de marxes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta