Nova edición do Bono Talento Empresa: un milleiro de microformacións coas que cubrir necesidades de 100 empresas

As solicitudes poden presentarse desde este mércores, 26 de xuño, e ata o próximo 16 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Emprego convoca a segunda edición do programa Bono Talento Empresa, dotado con dous millóns de euros, para financiar as microformacións coas que cubrir as necesidades do mercado laboral. Nun comunicado, Emprego sinala que a previsión é que con estas subvencións se poida apoiar a un cento de empresas para contratar a ao redor de 1.000 traballadores.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica estes apoios este martes para formacións non reguladas de curta duración. As solicitudes poden presentarse desde este mércores, 26 de xuño, e ata o próximo 16 de setembro. Esta edición inclúe como novidade incluír a medianas e grandes empresas, ademais de microempresas, pequenas compañías e autónomos.

Estes proxectos formativos (compostos por un máximo de tres accións, cada unha de entre 16 e 100 horas) poderán ser adaptados a nivel de contidos, programas ou persoal docente das propias accións ás necesidades específicas de cada solicitante. Está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ de Galicia 2021-2027.

Traballando nun ordenador
Traballando nun ordenador | Fonte: computador.es - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta