8 millóns para a mellora de infraestruturas de investigación en centros tecnolóxicos

O obxectivo de facilitar o crecemento dos mesmos, potenciando a internacionalización e reforzando as súas actividades de transferenia cara á o tecido produtivo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/07/2024 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Xunta apoiará con oito millóns de euros a mellora das infraestruturas de investigación e ensaio dos centros tecnolóxicos galegos. Será despois de que o Consello da Xunta autorizase a resolución das axudas para "fortalecer e ampliar" as capacidades científico-tecnolóxicas dos centros tecnolóxicos Aimen, CETIM, CTAG e Gradiant.

Así o informou, tras o Consello da Xunta, o titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, ante o obxectivo de facilitar o crecemento dos mesmos, potenciando a internacionalización e reforzando as súas actividades de transferenia cara á o tecido produtivo. Esta terceira convocatoria de fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos, que inclúe por primeira vez tanto edificación como equipamento, contribuirá, segundo a Xunta, ao mantemento de 516 postos de traballo.

Por outra banda, o Consello de Goberno aprobou este luns un acordo marco que permitirá adquirir novos servidores para os centros de procesos de datos da Administración. O contrato, cun valor estimado de 33,3 millóns, está destinado á compra tanto de servidores tradicionais como de nova xeración, que permitirán incrementar a eficiencia e os tempos de resposta na xestión dos servizos dixitais. Todo iso, segundo expuxo Rueda, de face a fortalecer a seguridade e a dispoñibilidade de servizos.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visita o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim). MONCHO FONTES
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visita o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim). MONCHO FONTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta