Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2024 | Actualizada ás 18:29
A Fundación Deporte Galego aprobou as primeiras 20 axudas para os deportistas, técnicos e árbitros galegos que participarán nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024. Estas achegas enmárcanse dentro das 'Axudas DGAN 2024' que contan cun orzamento de 600.000 euros e cun modelo de dúas convocatorias para axudar á preparación e participación dos deportistas nos Xogos de París, así como ao resto de deportistas DGAN que tivesen o recoñecemento en vigor nalgún momento dos anos 2023 e 2024.
Tal e como informou a Xunta, estas axudas alcanzaron o seu máximo histórico con preto de 700.000 euros en 2023, ano no que iniciaron a dobre convocatoria para axudar aos deportistas na súa preparación para os Xogos. Nesta primeira resolución foron concedidas 20 axudas para 15 deportistas, dous técnicos/adestradores e tres xuíces/árbitros por un importe total de 147.000 euros.
Isto supón un aumento con respecto á primeira resolución de axudas para os Xogos de Tokio, un 25% máis en número de axudas (16) e un 35% máis en investimento (109.000 euros). O Executivo galego lembrou que estas axudas poden solicitarse ata o 30 de setembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.