Galicia defende aos seus provedores de automoción ante Stellantis

A conselleira de Economía solicita ao vicepresidente de Compras de Stellantis en Europa, Yann Martin, que se teña en conta aos provedores galegos en futuras contratacións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/07/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro co vicepresidente de Compras e Cadea de Subministración de Stellantis en Europa, Yann Martin, a quen lle reclamou que se teña en conta aos provedores galegos en futuras licitacións da compañía, especialmente, vinculadas á nova plataforma STLA Small.

Na reunión, que se convocou para dar a coñecer a Stellantis o programa de axudas a provedores da automoción aprobado pola Xunta, tamén participaron o delegado de Compras de Stellantis na Península Ibérica, Luís Lozano; a presidenta e o xerente do Clúster de Automoción de Galicia (Ceaga), Patricia Moreira e Alberto Cominges, respectivamente; e o secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez.

Tal e como informou este sábado o departamento autonómico, Lorenzana agradeceu "o compromiso" de Stellantis con toda a industria de compoñentes en Galicia, "exercendo unha función de empresa tractora que é fundamental". "A automoción en Galicia é un referente e debe seguir sendo así, polo que o traballo conxunto entre a Xunta e toda a cadea de valor é esencial para a boa saúde do sector, para que sexa cada vez máis innovador e competitivo", sinalou.

Neste contexto, apuntou que o apoio do Goberno galego ao sector é "firme" e materialízase a través de distintos programas, plans formativos e axudas, tanto a Stellantis como ás empresas provedoras. De feito, detallou que esta mesma semana aprobouse o borrador do plan director deseñado para o sector que xa lle foi trasladado aos axentes económicos e sociais para as súas alegacións e achegas. Para a Presidenta de CEAGA, Patricia Moreira, este primeiro encontro "constitúe unha oportunidade para defender a competitividade dos provedores galegos de automoción e que sexan tidos en conta polo grupo automobilístico".

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantén un encontro co vicepresidente de Compras e Cadea de Subministración de Stellantis.. XUNTA
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantén un encontro co vicepresidente de Compras e Cadea de Subministración de Stellantis.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta