Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/08/2024 | Actualizada ás 12:18
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou como unha "boa noticia para a cidade" o acordo do persoal de Prezero, a concesionaria do servizo de recollida de lixo, de desconvocar a folga. "46 días dunha folga que foi a máis longa en todos estes anos", expuxo en declaracións remitidas aos medios de comunicación nas que lamenta o sucedido e os danos materiais ocasionados.
"A cidade gañou, non cedeu á chantaxe", aseverou tamén para remarcar que o conflito finaliza "sen que conseguisen ningún dos seus obxectivos fosen cales fosen", sostén a alcaldesa que agradece a "compresión" da cidadanía. O mesmo fai en alusión aos traballadores de Prezero que estiveron "ao pé do canón e traballaron aguantando todo tipo de presións" e ao persoal de Valoriza, a empresa á que se recorreu tras declararse a emerxencia sanitaria, así como ao equipo municipal.
RESIDUOS RECOLLIDOS
Tamén a comisión de seguimento pola emerxencia sanitaria valorou a desconvocatoria da folga, ademais de avanzar que acordou intensificar o servizo de limpeza na cidade "en puntos crave de acumulación de residuos".
Na xornada de onte, a empresa que reforza a recollida de lixo recolleu un total de 50,06 toneladas, sen incidencias. Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 934,26 toneladas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.