A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que a cidade herculina non periga "en absoluto" como sede do Mundial 2030 ante a aposta da Real Federación Española de Fútbol por Valencia.
Así o anunciou a alcaldesa herculina, Inés Rey, durante a súa presentación, na que recalcou que a cidade contará con "3,6 millóns de luces de Nadal, 300.000 máis que hai un ano". "Tamén aumentan os arcos ata os 555, os farois pasan de 198 a 383, as árbores pasan de 53 do ano pasado a 80 e sumaranse case 40 rúas máis iluminadas", incidiu.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, puxo sobre a mesa "a falta de recursos económicos" e a "problemática común" a todos os concellos, con independencia do punto xeográfico ou formación política dos seus rexedores e rexedoras, respecto doutras administracións.
En canto ao rexeitamento da Deputación da Coruña á proposta da Xunta de asumir o 70 % do investimento a partes iguais entre o Concello, o Consello Superior de Deportes (CSD) e o ente provincial, a alcaldesa apuntou a súa negativa a "entrar en ningún tipo de polémica máis".
A rexedora apuntou que "do que se trata é de que todas as administracións, con competencias ou non, como é o caso do goberno municipal, pero con preocupación polo problema da vivenda podamos empezar a dar solucións a algo que preocupa enormemente aos españois".
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que os inquilinos, cos cálculos estimados polo consistorio, "aforrarían ao redor dos 450 euros de media ao ano no seu aluguer". "Pero é que os propietarios poderían desgravar ata o 90 por cento da renda", sinalou apuntando á bonificacion no IRPF.
O obxectivo do II Encontro de Alcaldesas é "fomentar o liderado das mulleres en política e reflexionar sobre o papel das mulleres no poder municipal".
A alcaldesa da Coruña nomeao encargado de proxectos estratéxicos con competencias en todas as iniciativas de pulo da cidade, a maior parte delas, urbanísticas.
  comenta   0
Valoriza recolleu na xornada de onte un total de 66,6 toneladas de lixo, segundo informa a comisión de seguimento tras declararse a emerxencia sanitaria en toda a cidade.
A alcaldesa da Coruña aborda nesta entrevista a situación actual do seu concello. Insiste nunha cidade verde, aberta, social e tecnolóxica e critica a aqueles que non entende que un fondo de investimento remodele o barrio das Xubias. Tamén critica duramente a oposición que o PPdeG fai na cidade por "confrontar" e non aportar. "Ese carácter aberto, cosmopolita que tiña a cidade da Coruña recuperouse", destaca.
Así se pronunciou tras o anuncio do Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL) dunha convocatoria de folga "intermitente e indefinida" a partir do 24 de xuño con motivo de "despedimentos inxustificados", "externalización de servizos" e "incumprimentos" do convenio.
Así o expuxo o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luís Escrivá, tras asinar o martes coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o convenio de cesión do edificio da Terraza como sede deste organismo e tras a designación do que será o seu director xeral, Ignasi Belda.
Trátase dunha concensión gratuíta e temporal para o que se establece un prazo transitorio de 12 meses para que a Axencia poida ir ocupando os espazos que se consideren necesarios.
Os cambios tamén implicarán a supresión dos coordinadores de área, ao cargo dos que estaban os tenentes de alcaldesa José Manuel Lage, Yoya Neira e Gonzalo Castro.
  comenta   0
Compromete a licitación do novo contrato da planta de residuos de Nostián e parques infantís "a menos de 10 minutos".
Sobre o sucedido, a alcaldesa herculina, Inés Rey, ratificou que está a investigación aberta e que a Policía traballa no esclarecemento dos feitos.
Tamén haberá unha homenaxe, na súa décima edición, ás familias acolledoras no Día Mundial de Acollemento Familiar.
"Lealdade institucional e máximo nivel de cooperación porque se lle vai ben á Coruña vaille ben a Galicia e creo que iso é o que temos que facer traballar, polo interese dos nosos territorios", asegurou Inés Rey.
  comenta   0
Inés Rey asegurou ao cómico español no seu show na Coruña que durante o seu mandato está sendo coñecida por "humanizar" e "facer rotondas".
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, requiriu de novo á Xunta, co nomeamento da súa nova conselleira de Vivenda, María Martínez, que declare a cidade zona tensionada para fixar un tope ao prezo do aluguer. Esta, á súa vez, volveu a demandar ao consistorio documentación, en liña co argumento da anterior responsable desta Consellería, Ángeles Vázquez.
O grupo municipal do PP no Concello da Coruña solicitou á alcaldesa, Inés Rey, que impida un "acto de ensalzamento" a Lenin, programado tamén en Ferrol onde gobernan os populares. Inés Rey, ao ser cuestionada pola demanda feita polo PP, preguntou se os populares coruñeses "vanlle a pedir ao seu compañeiro que proscriba o acto desta asociación" en Ferrol.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou o inicio do expediente para anular as resolucións administrativas "que deron lugar ao espolio" da Casa Cornide, actualmente propiedade do Franco, de cara a recuperar a súa "titularidade pública".
Rey cualificou de "lameira" as afirmacións vertidas polo Partido Popular sobre a política municipal "con acusacións lanzadas e das que despois se retractan".
A concelleira do BNG no Concello da Coruña Avia Veira presentou un recurso de reposición para que a Alcaldía da Coruña "levante o veto" que, segundo esta afirmación, existe e que lle impide acceder "a uns expedientes urbanísticos relativos a un piso do inmoble situado no número 96 da Avenida do Exército".
Despois de que pasasen cinco meses dende que se compuxo a Corporación municipal sen presentar as súas declaracións de bens, e tras as reiteradas peticións do BNG municipal, alcaldesa e concelleiros publicaron este mércores as súas declaracións no portal de transparencia. O Galicia Confidencial analízaas.
Inés Rey insistiu en que os efectivos policiais están a traballar, aínda que admitiu que son "actuacións complexas que requiren tempo de vixilancia, de discreción", engadiu para apuntar, non entanto, que entende aos afectados.
Máis de 60 militantes toman a palabra no comité nacional, no que críticos esixen responsabilidades e outros pechan filas co lucense.
  comenta   0
Así o expuxo a alcaldesa, Inés Rey, en rolda de prensa na que, sobre as vivendas proxectadas, remarcou que non é unha "competencia propia", pero que se fai dentro dos recursos municipais para "paliar a ausencia de investimentos suficientes por parte de quen si ten esas competencias e non inviste na cidade", sostivo sobre a Xunta.
  comenta   0