Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2024 | Actualizada ás 14:55
A Garda Civil investiga a varios menores de idade por unha agresión grupal cometida contra outro menor durante as festas de Teixeiro, no municipio de Curtis, celebradas durante o fin de semana do 18 ao 21 de xullo.
Segundo trasladaron fontes próximas ao caso, hai polo menos sete investigados, todos con idades por baixo dos 15 anos, pero non se descarta que poida haber máis implicados nos feitos, xa que continúa aberta o proceso de identificacións.
A agresión cometida supostamente por este grupo de adolescentes tivo lugar no marco da verbena das festas de Teixeiro, onde outro home, tamén menor de idade, foi atacado por varias persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.