O balneario das Caldas acollerá o primeiro hotel balneario da cidade de Ourense

Contará cunha planta baixa con zona colectiva e de termas exteriores, unha primeira planta para tratamentos individuais, a segunda e a terceira planta con 42 habitacións, entre dobres e individuais, e a cuarta planta dedicada a cafetaría e restauración

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2024 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia



O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, recibiu hoxe ao empresario Gregorio Álvarez, quen promove a construción do primeiro hotel balneario de cinco estrelas na cidade de Ourense, en concreto nos terreos do antigo balneario das Caldas, dos que xa é titular.

O empresario, titular do grupo Ibereólica Renovables, presentou ao goberno municipal o anteproxecto desta iniciativa que dotará a cidade dun hotel balneario, que porá a disposición de veciños e visitantes un total de 42 habitacións, así como espazos colectivos e individuais de tratamentos termais e unha ampla zona de restauración.

Segundo Álvarez, o anteproxecto pretende "crear un espazo experimental de lecer, goce e beneficios saudables do recurso termal" sendo "novo, confortable, amable e incorporado, no seu maior parte, á contorna natural do río" coa creación dun xardín. Ademais, segundo as súas palabras, será "unha instalación balnearia sofisticada de alto nivel de confort e prestacións e sustentable".

Contará cunha planta baixa con zona colectiva e de termas exteriores, unha primeira planta para tratamentos individuais, a segunda e a terceira planta con 42 habitacións, entre dobres e individuais, e a cuarta planta dedicada a cafetaría e restauración.

"Espero que sexa un proxecto que de moito máis a coñecer a cidade de Ourense polas augas termais", manifestou Álvarez, quen dixo estar "contento" porque "é un proxecto diferente, un hotel boutique que esperamos que sexa do agrado de todos os ourensáns e de moita xente que ten que coñecer á cidade, unha gran descoñecida".

O empresario pretende presentar no concello, antes de final de ano, o proxecto básico do hotel para iniciar as obras a finais do 2025.

O concello de Ourense
O concello de Ourense | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta