Os traballadores do servizo de recollida de lixo de Carballo comezan as negociacións coa empresa

Nesta xornada, estaba prevista unha concentración ás 13.15 horas que, finalmente, quedou suspendida "despois de abrirse onte pola tarde unha mesa de negociación coa empresa, que continuará no día de hoxe". Non entanto, precisa que a folga indefinida continúa adiante.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2024 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

O persoal da adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Carballo acordou suspender a concentración prevista para este xoves pola apertura de negociacións coa empresa, segundo informa a CIG. Nesta xornada, estaba prevista unha concentración ás 13.15 horas que, finalmente, quedou suspendida "despois de abrirse onte pola tarde unha mesa de negociación coa empresa, que continuará no día de hoxe".

O persoal tomou a decisión "co ánimo de avanzar nun achegamento de posturas entre as partes". Non entanto, precisa que a folga indefinida continúa adiante. "Mentres non se alcance un acordo de convenio colectivo que responda as demandas da parte social", insiste sobre un conflito con convocatoria de folga desde xullo.

Lixo acumulado nas rúas da Coruña
Lixo acumulado nas rúas da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta