O PPdeG acusa a BNG e PSdeG de estar do lado da "dictadura" en Venezuela

Edmundo González, líder opositor de Venezuela, participará no foro La Toja.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/09/2024 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu ao BNG e ao PSdeG que "rectifiquen" e se poñan "ao lado da democracia" en Venezuela e non "ao lado da ditadura". Así o manifestou este sábado en declaracións aos medios na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, onde, acompañada polo coordinador de Acción Exterior, Rubén del Río, e do edil compostelán Adrián Vila, tamén instou a nacionalistas e socialistas a que "chamen ao que pasa en Venezuela polo seu nome": "Unha ditadura, a ditadura do señor Maduro".

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, xunto ao coordinador de acción exterior dos populares galegos, Rubén del Río, e o edil compostelán Adrián Vila.. PPDEG
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, xunto ao coordinador de acción exterior dos populares galegos, Rubén del Río, e o edil compostelán Adrián Vila.. PPDEG

Neste contexto, Prado sinalou que ambas as formacións "deberían rectificar" e situarse "á beira dos miles de persoas que tiveron que marchar de Venezuela", así como de "os máis de 30.000 galegos" que residen no país e que "están a vivir na situación de vulneración de dereitos e liberdades aos que os someteu a ditadura de Maduro".

Nesta liña, lembrou que os populares estarán este sábado ás 20.00 horas participando na 'Gran protesta mundial pola liberdade de Venezuela'. "Imos estar á beira do pobo venezolano nesa marcha mundial e tamén para pedir que Edmundo González sexa recoñecido presidente lexítimo de Venezuela", aseverou.

EDUMDO GONZÁLEZ NA TOXA

O rei presidirá a inauguración do V Foro que se celebra na Illa da Toxa, municipio do Grove (Pontevedra), entre o 3 e o 5 de outubro, o cal estará centrado na competividad europea, na liña das directrices do informe Draghi. O foro tamén "será o escenario da primeira intervención en público desde a chegada a España do candidato gañador das eleccións en Venezuela, Edmundo González Urrutia", segundo anunciou este sábado o fundador do Foro e presidente da Fundación desta cita, Amancio López, no programa 'Converses' de Cope Catalunya i Andorra.

Así mesmo, explicou que "aínda queda por confirmar se o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asistirá a clausúraa, o venres día 5", informa a cadea nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta