A sección sindical da CIG en Xeal ve unha "burla" a traballadores e comarca o acto polos 120 anos da fábrica

Na factoría de Cee.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/10/2024 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A sección sindical da CIG en Xeal cualificou de "impresentable" e de "burla" a toda as traballadoras e traballadores o "acto propagandístico" realizado pola empresa con motivo da conmemoración dos 120 anos da fábrica de Cee.

Nun comunicado, denunciaron "o respaldo político dado a este evento publicitario", cando a empresa (grupo Energo-Prol) "está a incumprir as cláusulas das concesións e levando a ambas as factorías a súa ruína total".

Neste sentido, censuraron "a dilixencia" das distintas autoridades presentes en "sumarse" a este acto, mentres "continúan sen dar resposta ás demandas da CIG", e "sen esixir a Xeal que cumpra coas cláusulas de vinculación da actividade industrial e de produción de enerxía".

Fábrica Xeal en Cee
Fábrica Xeal en Cee | Fonte: Web Xeal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta